Elas tamén xogan



O martes 6 de maio ivo lugar a concentración na praia de Riazor. Aínda que non éramos moitas pasámolo moi ben.

 
  



O martes 13 de maio a concentración foi no parque de Vioño. Nenos e nenas que estaban a xogar no parque uníronse a nós para probar o balón de rugby.


A terceira concentración tivo lugar o martes 20 de maio no Parque de Europa. A pesar da chuvia, xuntámonos un bo grupo de rapazas a xogar entre as que algunhas non probaran antes o rugby. Pechamos a tarde cun xeado e un anaco de charla.


 

Se te tivese gustado vir pero non puideches ou se non te decataches a tempo, non te preocupes porque haberá máis oportunidades. Ao comenzo do curso 2014-2015 teremos algunha nova cita e, ademais, podes poñerte en contacto connosco para vir a probar cando queiras no email: crat.rugby@gmail.com.