Actualidade

 Entre marzo e xuño estivemos a desenrolar actividades de introducción ao rugby por moitos centros escolares da Coruña. Tras un parón de 3 meses durante as vacacións escolares, voltamos a carga no mes de outubro.

A semana do 6 a 10 de outubro visitamos aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, a ESO e Bachiller da Compañía de María durante as clases de Educación Física.


Durante o mes de outubro tamén participaron nas sesións de introduccion ao rugby alumnos de ESO, Bachiller  e do ciclo de TAFAD no Instituto Agra 1. 

No próximo més outros centros escolares participarán no noso proxecto. Iremos compartindo os centros e as datas a medida que se vaian confirmando. Si coñeces algún centro que poida estar interesado ponte por favor en contacto connosco.