¿Quén somos?


O C.R.A.T. (Club de Rugby Arquitectura Técnica) é un referente deste deporte na cidade dende a súa fundación no 1976 ata a actualidade. Conta cun equipo masculino senior na División de Honra B nacional, un equipo feminino que está entre os tres mellores de España e equipos de todas as categorías de rugby base.

Nos últimos anos, o C.R.A.T. ven desenvolvendo moito traballo na promoción do rugby base na cidade co apoio da Concellería de Deportes do Concello da Coruña. 



O proxecto ¡Mólame o rugby! pretende acercar o rugby e promocionar a práctica do deporte en xeral aos nenos da cidade.

Este proxecto está financiado pola Fundación Emalcsa no marco do seu proxecto social Deporte Solidario.